Engadir dicionario galego ao kobo
orixe do artigo
Xa que os lectores de libros electrónicos da marca Kobo non dispoñen de xeito nativo dun dicionario de galego, aquí tes
o dicionario da RAG en formato kobo (2,5Mb), válido para todos os seus lectores.
Instruccións
- descargar ao ordenador o dicionario galego-kobo.rar, ou tamén desde aquí (copia de apoio)
- conectar o lector por USB ao ordenador (facer accesible o sistema de ficheiros cando pregunta)
- como a descarga é un ficheiro tipo .rar, descomprimilo para quedar cun ficheiro tipo .zip
- copiar o ficheiro .zip que temos no ordenador ao cartafol .kobo/dict/ . Como é un cartafol oculto pode que debas facelo visible para acceder (Ctrl+h na maioría de xestores gráficos de ficheiros). Fonte das instruccións xenéricas
- reiniciar o lector de libros electrónicos
Se agora les un libro en galego podes seleccionar unha palabra e arriba á dereita (no software orixinal de kobo, con koreader, plato, etc. pode aparecer noutro lugar) podes elexir no menú despregable o dicionario que acabas de engadir.