Inicio
Blog

Filtros alleos en uBlock Origin

Vin un RT de Moribundo a unha publicación¹ de @salva_pl@mas.to sobre un "filtro alleo" que se lle pode engadir a uBlockOrigin² para conseguir saltar os valados de pago dalgúns sitios web.

Dependencia: uBlock e semellantes.

Ligazóns: parte inferior deste artigo.

Como engadilo a uBlock

Instala uBlock Origin² no teu navegador, mira estas capturas de pantalla para acceder ao seu Panel de Control e engadir o Filtro de terceiros (Listas de Filtrado).

na barra do navegador preme na icona de uBlock Origin e na icona das rodas dentadas para acceder á súa configuración e personalización.

Preme na pestana «Filtros de terceiros» (próximamente «Listas de filtrado»), desprázate á zona inferior e preme en «Importar». Ábrese un cadro onde escribes o enderezo da lista que interese, no caso que nos ocupa eu engadín a de «Español/Portugués»⁵

Aparecerá entón unha nova sección «Personalizado». Arriba de todo preme en «Aplicar cambios» e xa estaría en funcionamento. Na propia web³ indica os sitios web onde se aplica.

En só engadín o de Español-Portugués, podes engadir outros a maiores para ter acceso a máis sitios web. Non son excluíntes.

1 - publicación de @salva_pl
2 - obter uBlock Origin
3 - o filtro "bypass-paywalls"
4 - documentación e acceso a outras listas premendo en «Resources - Filter lists»
5 - URL a engadir no cadro do filtro alleo