Reducir tamaño dos ficheiros log (logfiles)
Teño isto nunha nota de nextcloud (vaina ver!) pero queda aquí tamén porque como non teño nin idea de onde deixo as cousas pois queda aquí tamén por se alguén le isto.
Notei no servidor que se reducira bastante o pouco espazo dispoñible (pero suficiente).
Mirei e tiña 1,4Gb de ficheiros de rexistros que crean as aplicacións en `/var/log/`
Había dous culpables:
- journal con 361Mb
- gotosocial con 932Mb
entre os dous servizos facían o 90%.
investigando
`root@SERVER:~#du -h -d 1 /var/log/` para ver o tamaño dos ficheiros de rexistro
as configuracións de `logrotate` están en `/etc/logrotate.d/`
journald
foi útil esto de AskUbuntu
o que fixen
- editar a configuración de systemd
`/etc/systemd/journald.conf` poñendo o valor `SystemMaxUse=50` e `compress`, reiniciei o journald e baixou a 70 e pico.
gotosocial
abrín un issue, a ver que me din. Heino pór aquí.
solución
resulta que o problema ven de arriba, pero facendo o que di de cambiar os permisos e dándolle a limpar pois xa foi. Eliminei a man o ficheiro gordo.
chmod 644 /etc/logrotate.d/gotosocial__2 logrotate -v /etc/logrotate.d/gotosocial__2 rm /var/log/gotosocial__2/gotosocial2.log.1 (o ficheiro gordo)