Fascismo e terceira guerra mundial
15/07/2025
As guerras mundiais sempre son tal cando xa pasaron. Antes diso son o que nos toca vivir, o día a día. Non cae un na conta pero xa imos estando nela. E sempre son guerras fascitas.
Caemos na conta cando xa é tarde, cando todo esta revolto e a casa sen barrer. Son tan malos os outros que hai que eliminalos. Desfacerse deles. Morto o can...
O certo é que cando nacemos somos o mesmo. Ollos, mans, patas e unha bondade infinita. O que somos despois, pasado un tempo, é proporcional a canta merda nos meteron na cabeza. Homes e mulleres, pecados, infernos e ceos, non matarás, lei do talión, ao tercer día resucitou e coas preferentes fágase inversor. Non hai más idiota que un patriota, abandeirado ou non, tanto me ten. Moita merda xunta na cabeza.
O que realmente queremos en todas partes, no mundo mundial, é o mesmo. Un teito, algo de xantar e un pouco de festa cos veciños.